Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

FORMACIÓN EQUIPO DE MEDIACIÓN

Imaxe
Durante o mes de maio levamos a cabo no IES a formación inicial do equipo de mediación escolar do centro. Esta formación foi impartida pola psicóloga Bibiana Camaño, de Alicce Formación. O equipo está formado por alumnado da ESO e comezará a funcionar o próximo curso. Na formación vimos que é a mediación escolar e cales son as súas fases. Fixemos dinámicas de grupo e xogo de roles para aprender a mediar. Ao comezo do vindeiro curso retomaremos esta formación e as xuntanzas para desenvolver pouco a pouco as funcións de mediación no IES  Grazas Bibiana e moito ánimo a todo o equipo!

PLAN ACOLLIDA PRIMARIA

Imaxe
Nestes días de finais do mes de maio, levamos a cabo no IES a acollida ao alumnado de 6° de EP dos centros adscritos ( Sobreira-Valadares, Josefa Alonso, Mestres Goldar, Igrexa-Valadares e Daniel R. Castelao ), que comezarán unha nova etapa no centro no mes de setembro.  Os grupos de alumnado foron acompañados por titoras e titores e polas respectivas orientadoras nesta visita. Completaremos a acollida cunha visita das familias e coas xuntanzas para o traspaso de información no mes de xuño. Esperámosvos de novo en setembro!

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 2° BACH

Imaxe
Nesta entrada recollemos información que vos pode resultar de interese acerca dos estudos superiores e o seu acceso dende bacharelato. Para empezar, clicando na imaxe de abaixo podedes acceder a un buscador de estudos superiores, tanto graos universitarios como ciclos formativos de grao superior e ensinanzas superiores de deseño e artes. Este buscador foi elaborado a partir de guía de estudos superiores de Galicia, publicada por A Voz de Galicia . Trátase dunha recompilación de cada un deses estudos na nosa Comunidade que pode servirnos de punto de partida. Por suposto, tras decidirnos por algúns títulos que poden interesarnos ou chamarnos a atención, deberemos profundizar no coñecemento deses estudos. Para iso, recomendamos sempre acudir á propia páxina web do grao ou ciclo en concreto, analizar o seu plan de estudos e as materias que o conforman. Todo o relativo ao acceso á Universidade, notas de corte e ponderacións, podedes atopalo na páxina da CIUG . Todo o relativo aos ciclos d

ACCESO Á UNIVERSIDADE

Imaxe
Xa sabedes que toda a información para o acceso ás universidades galegas podemos atopala na páxina web da CIUG . Ademais, agora que estades matriculadas e matriculados na proba de acceso, tedes acceso á plataforma Nerta para todo o relacionado co voso expediente de acceso á universidade. Para as persoas que queredes solicitar praza en universidades doutras comunidades autónomas, deixámosvos un buscador moi completo onde podedes atopar as datas do proceso de admisión, enlaces aos formularios para o envío de información e acceso ás universidades de fóra de Galicia. Moita sorte!!!

CHARLAS QUÉROTE MÁIS

Imaxe
Neste mes de maio desenvolvéronse no IES as charlas de Sexualidade e Afectividade de Quérote + para 3° ESO, impartidas por Sonia Morán, especialista desta Asociación en Vigo. Grazas Sonia pola túa profesionalidade e simpatía!  Estas charlas complementan as actividades levadas a cabo nas aulas por parte do profesorado participante no Plan Proxecta Queréndonos + no IES Valadares.

EDUREFERENTES

Imaxe
Hoxe remata o programa da Consellería de Educación  EduReferentes no IES, co que tivemos a sorte de poder coñecer, a través de Executivas de Galicia , a mulleres referentes no seu sector profesional e que mentorizaron a alumnas de 4° ESO durante cinco sesións no segundo e terceiro trimestres do curso. Foi unha experiencia fantástica para as alumnas participantes e moi enriquecedora para todas. Esperamos que o programa poida continuar e ampliarse o curso que vén a máis alumnado, de ser posíbel. Grazas María Caldeiro (Fundamar), Sara Campos (Gradiant) e María José Herbón (R.C. Celta de Vigo) pola vosa implicación co proceso educativo e de orientación vocacional das nosas alumnas.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO

Imaxe
Neste mes continuamos coas actividades de orientación académica en 4° ESO. Como sabedes, a nova lexislación educativa obríganos a actualizarnos neste curso en canto ás novas modalidades de bacharelato, que xa se implantan no vindeiro curso, así como en canto aos criterios de promoción e titulación nas distintas etapas. Tras coñecer estas novidades na aula, tócavos afrontar unha parte da orientación académica e profesional fundamental: o  autocoñecemento . O autocoñecemento é o coñecemento que tedes de vós mesmos/as: sobre o  que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes, que se vos da ben e que non tanto, as materias nas que sacades mellores notas, os vosos valores, etc. Para profundizar neste punto, déixovos: Unha batería de  test online  que valora as aptitudes persoais, as destrezas e as preferencias para dar como conclusión unha área de coñecemento específica. Un vídeo acerca da toma de decisións á hora de escoller unha carreira universitaria ou laboral. Lembrade que podedes revis

INSTRUCIÓNS ABAU

Imaxe
 

HORARIO ABAU 2022

Imaxe