Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

COÑECENDO O TDAH

Imaxe
Esta semana Marcos, o profe de PT, organizou un taller sobre o TDAH con axuda dun alumno que contou a súa experiencia vital aos compañeiros e compañeiras de 1° ESO. Foi unha sesión moi produtiva, levada a cabo na biblioteca, na que visionaron un corto,  inicialmente, sobre o tema, para escoitar despois e reflexionar entre todo o grupo acerca da importancia de empatizar e buscar solucións entre todos e todas para unha mellor convivencia na aula. A sesión serviu para coñecer máis de cerca este trastorno do neurodesenvolvemento, así como para crear lazos máis fortes no grupo-clase.

FORMACIÓN PROFESORADO: APRENDIZAXE COOPERATIVA

Imaxe
Esta tarde tivemos unha sesión conxunta de todo o equipo de profesorado da formación en Aprendizaxe Cooperativa deste ano. Foi na biblioteca, e o profesorado de Introdución compartiu as súas experiencias coas dinámicas de cohesión grupal, levadas a cabo nas aulas durante este trimestre. En xeral, a experiencia é moi positiva. Continuaremos no segundo trimestre poñendo en práctica as estruturas cooperativas básicas. O profesorado de Xeneralización e Consolidación traballa cos plans de equipo nos distintos grupos, sinalando os roles das persoas que compoñen cada equipo, e establecendo as bases dun traballo que será posteriormente avaliado polo propio alumnado.

BAIXO O MESMO PARAUGAS

Imaxe
O 3 de decembro conmemórase o Día mundial das persoas con discapacidade. Como en anos anteriores, sentímonos "baixo o mesmo paraugas", na busca de equidade e inclusión xunto coas persoas con diversidade funcional. O Departamento de Orientación do IES Valadares apoia a inclusión efectiva do alumnado con diversas capacidades.