ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO

Neste mes continuamos coas actividades de orientación académica en 4° ESO. Como sabedes, a nova lexislación educativa obríganos a actualizarnos neste curso en canto ás novas modalidades de bacharelato, que xa se implantan no vindeiro curso, así como en canto aos criterios de promoción e titulación nas distintas etapas.

Tras coñecer estas novidades na aula, tócavos afrontar unha parte da orientación académica e profesional fundamental: o autocoñecemento.

O autocoñecemento é o coñecemento que tedes de vós mesmos/as: sobre o que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes, que se vos da ben e que non tanto, as materias nas que sacades mellores notas, os vosos valores, etc.
Para profundizar neste punto, déixovos:
  • Unha batería de test online que valora as aptitudes persoais, as destrezas e as preferencias para dar como conclusión unha área de coñecemento específica.
  • Un vídeo acerca da toma de decisións á hora de escoller unha carreira universitaria ou laboral.
Lembrade que podedes revisar as materias de bacharelato vinculadas aos graos universitarios a través das táboas de ponderación na páxina da CiUG. Ademais, para ter sempre a man toda a información sobre os ciclos de formación profesional da nosa Comunidade podedes premer aquí.

Para calquera dúbida, podedes consultarnos no Departamento de Orientación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)