Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2022

ADXUDICACIÓN GRAOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA

Imaxe
Hoxe xoves 14 de xullo, publícase o primeiro chamamento para efectuar a matrícula nas titulacións de grao e dobres graos ofertadas polas tres universidades galegas. N o caso de seren convocadas/os a matrícula na titulación da súa primeira preferencia, o alumnado terá de prazo desde o venres 15 ás 00:01 ata o luns 18 de xullo ás 23:59 para formalizar a matrícula. Unicamente poderán matricularse aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación. IMPORTANTE! Se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. P ara isto, ten que reconfirmar na plataforma NERTA que desexa continuar na “Listaxe de Agarda”. Este proceso terá que facelo tantas veces como listaxes de persoas convocadas se publiquen.  OLLO! No caso de matricularse nunha tit

ABAU EXTRAORDINARIA

Imaxe
A próxima semana temos os exames da convocatoria extraordinaria da ABAU 2022. Deixámosvos o horario dos tres días: 12, 13 e 14 de xullo. Moita sorte!