ORIENTACIÓN ACADÉMICA 2° BACH

Nesta entrada recollemos información que vos pode resultar de interese acerca dos estudos superiores e o seu acceso dende bacharelato.

Para empezar, clicando na imaxe de abaixo podedes acceder a un buscador de estudos superiores, tanto graos universitarios como ciclos formativos de grao superior e ensinanzas superiores de deseño e artes.

Este buscador foi elaborado a partir de guía de estudos superiores de Galicia, publicada por A Voz de Galicia. Trátase dunha recompilación de cada un deses estudos na nosa Comunidade que pode servirnos de punto de partida.


Por suposto, tras decidirnos por algúns títulos que poden interesarnos ou chamarnos a atención, deberemos profundizar no coñecemento deses estudos. Para iso, recomendamos sempre acudir á propia páxina web do grao ou ciclo en concreto, analizar o seu plan de estudos e as materias que o conforman.

Todo o relativo ao acceso á Universidade, notas de corte e ponderacións, podedes atopalo na páxina da CIUG. Todo o relativo aos ciclos de FP de grao superior, consultando os folletos informativos. O relativo aos estudos superiores de artes e deseño, consultando as páxinas web dos catro centros educativos que temos en Galicia:

Para máis información, consultade no Departamento de Orientación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO