FORMACIÓN EQUIPO DE MEDIACIÓN

Durante o mes de maio levamos a cabo no IES a formación inicial do equipo de mediación escolar do centro. Esta formación foi impartida pola psicóloga Bibiana Camaño, de Alicce Formación.

O equipo está formado por alumnado da ESO e comezará a funcionar o próximo curso. Na formación vimos que é a mediación escolar e cales son as súas fases. Fixemos dinámicas de grupo e xogo de roles para aprender a mediar. Ao comezo do vindeiro curso retomaremos esta formación e as xuntanzas para desenvolver pouco a pouco as funcións de mediación no IES 

Grazas Bibiana e moito ánimo a todo o equipo!







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO