Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

ACCESO A FP

Imaxe
O calendario para as solicitudes de admisión en Formación profesional para o vindeiro curso 22-23 son os seguintes: Como vedes, Tedes dende o 23 de xuño ata o 5 de xullo para presentar as solicitudes de admisión tanto aos graos medios como superiores de FP que vos interesen. A solicitude cúbrese online na páxina web da Consellería de Educación. Preme aquí.  Se non se adxunta a documentación que se pide escaneada, hai que presentar o documento final de forma presencial en calquera dos centros con FP da nosa rede educativa, para que a solicitude sexa validada. Para as persoas propostas para FP básica , seguiremos un procedemento distinto, xestionado dende o propio IES, do cal xa se informa ás familias correspondentes.

PREINSCRICIÓN UNIVERSIDADE E ABAU EXTRAORDINARIA

Imaxe
Tras a publicación das notas ABAU deste ano (noraboa a todas e todos!), e despois do prazo de reclamacións, ábrese o período de preinscrición nos graos universitarios. Como sempre, será a través da plataforma Nerta. Deixámosvos os prazos de preinscrición e os posteriores de adxudicación e matrícula nas distintas universidades galegas. Para outras comunidades autónomas, premede aquí . Se tedes calquera dúbida, podedes consultarnos no Departamento de Orientación. Moita sorte! Para as persoas que vaiades á  convocatoria extraordinaria da ABAU (12, 13 e 14 de xullo) tedes que facer a matrícula no IES os días 27 e 28 de xuño. Os prazos para a preinscrición extraordinaria son os seguintes:

RECLAMACIÓNS NOTAS ABAU

Imaxe
Para proceder a facer unha reclamación sobre as notas obtidas nos examens da ABAU, tedes que acceder á plataforma Nerta e, unha vez dentro, premer en " reclamacións ". Abrirase unha pestana onde tedes que " engadir " e seleccionar o código e o nome da asignatura sobre a que solicitades revisión de nota. Unha vez feito, damos a " gravar " e xa queda listo o proceso. Só nos queda agardar á resolución. As reclamacións poden solicitarse ata o martes 21 .  O procedemento de revisión dos exames é único, e segue o seguinte: 1º) Primeiramente, analizarase se houbo algún erro material na corrección (sumas mal calculadas, preguntas sen corrixir). Neste caso modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. 2º) De seguido, realizarase unha segunda corrección levada a cabo por un/unha especialista distinto/a ao anterior. Se esta segunda cualificación ten unha diferenza menor de 2 puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética. Se hai 2 ou máis punto

QUERÉNDONOS+ NO IES VALADARES -PRESENTACIÓN

Imaxe
Como actividade final do Plan Proxecta Queréndonos+no IES Valadares, presentamos as actividades realizadas ao longo do curso co alumnado de 3° ESO ao alumnado de 2° ESO (e algún grupo de 1°ESO). Falamos de Quérote + e vimos a sua páxina web e funcións de información especializada á xuventude, pasamos unha presentación elaborada polo alumnado acerca do amor romántico, a violencia de xénero e as relacións a través das redes sociais e vimos algún vídeo explicativo. Grazas a Nuria pola súa simpatía e participación tan activa nesta xornada, e as persoas acompañantes do alumnado, profesorado, profe PT e coidadora.

PORTAS ABERTAS UVIGO

Imaxe
A Universidade de Vigo celebrará unhas   Xornadas de Portas Abertas 2022   en modalidade  presencial  os días  14, 15 e 16 xuño  nos  Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo  respectivamente. O obxectivo destas Xornadas de Portas Abertas é dar a coñecer polo miúdo os centros universitarios desta institución así como as titulacións que neles se imparten a través de charlas, obradoiros e visitas a laboratorios, talleres, aulas. etc.  Trátase dunha actividade aberta a todo o alumnado que se presente ás probas ABAU, Bacharelato, ciclos de FP, familias e ANPAS, así como ao profesorado e persoal de orientación dos centros educativos. Deixámosvos, ademais, un buscador dos Graos da Universidade por ámbitos e por Campus universitarios.