Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS

Imaxe
Nesta semana comezamos cos obradoiros de prevención de drogodependencias nos cursos de 1° e 2° ESO, impartidos a través do Plan Local de Drogas do Concello de Vigo. Teremos estas sesións nas horas de titoría de cada grupo ao longo de catro semanas.

NAVEGA CON RUMBO

Imaxe
Este mércores tivemos unha charla do Programa Navega con Rumbo, da Consellería de Educación xunto co Colexio de enxeñeiros informáticos de Galicia. A charla, moi amena, estivo dirixida a alumnado de 2° ESO, e tocou temas como a privacidade das nosas contas en internet, as redes sociais e a cesión de datos persoais ou acoso a través da rede.

CONCIENCIANDO SOBRE AUTISMO NA TITORÍA

Imaxe
Hoxe, en 3° ESO B, Iria traballou a actividade de concienciación sobre o Autismo. Comezou coa proxección da curta animada "Float" para dar paso a un debate acerca da diversidade. Despois, viron un vídeo con escenas da serie "Big Bang Theory" protagonizadas pola personaxe de Sheldon Cooper e continuaron coa valoración de certos mitos arredor do TEA.  Para rematar a sesión, o alumnado elaborou debuxos seguindo o lema "unha feliz viaxe pola vida". Algúns deles xa están expostos na entrada do IES. Grazas pola vosa colaboración!

PFPP - APRENDIZAXE COOPERATIVA

Imaxe
Tivemos unha nova sesión de formación do profesorado en Aprendizaxe Cooperativa. Nesta ocasión, revisamos os cadernos de equipo para levar a cabo a práctica no terceiro trimestre do curso. Plans de equipo, diarios de sesións e organización do calendario por aula para organizar o traballo en equipos cooperativos co alumnado.

2 A-DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Imaxe
Hoxe, 2 de abril, conmemoramos como cada ano o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo . O lema deste ano, "Unha feliz viaxe pola vida", invítanos a reflexionar sobre que nos fai felices. Esperamos recoller ao longo da semana os traballos do alumnado para unha exposición de debuxos e redaccións nos paneis do IES. Unha pequena obra que, de seguro, espertará algún sorriso. Todo o alumnado debería poder ter unha feliz viaxe pola vida, libre de prexuízos, con comprensión, protección e coidados como principal compañía.