Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

PROXECTA: QUERÉNDONOS +

Imaxe
Seguimos coas actividades do Plan Proxecta Queréndonos + no IES Valadares. Nos meses de xaneiro e febreiro o alumnado de 3° ESO elaborou cartaces e debuxos que xa están expostos no centro, seguindo a terceira actividade. O título desta actividade, centrada no amor e nos afectos: #nolabels #senetiquetas. Deixámosvos con algunhas imaxes destes cartaces.  Ademais, o alumnado elaborou un libro coas ilustracións que mostramos neste proceso creativo:

TRABALLANDO CON ESTRUTURAS COOPERATIVAS

Imaxe
Seguindo coa planificación da formación en Aprendizaxe Cooperativa do profesorado, nestes días as persoas de Introdución están desenvolvendo estruturas de traballo cooperativo nalgunhas sesións de clase, apoiadas por profesorado de Xeneralización. Nas imaxes vemos estruturas aplicadas na materia de Lingua Castelá e Literatura e en apoio en 1° ESO, como lápis ao centro e lectura compartida, e outras levadas a cabo na Biblioteca na materia de matemáticas de 4° ESO, como a parada de 3 minutos. Seguimos aprendendo!

CHARLA: INTERNET E REDES SOCIAIS

Imaxe
Hoxe tivemos no IES as charlas da Policía acerca de Internet e das redes sociais, do bo e do mal uso destas. Contáronnos casos reais onde rapaces e rapazas menores se viron en problemas por un uso indebido ou por descoñecemento. As redes sociais como Instagram, WhatsApp ou Facebook, teñen límites de idade que ás veces descoñecemos. Aprendimos que son o vamping ou o sexting, por exemplo, e como evitalos.  Ademais, falamos do acoso a través da rede: o ciberacoso. Sobre todo isto, déronnos pautas para previr posibles problemas. As charlas foron impartidas nos grupos de 1° ESO e están enmarcadas no Plan Director para a Convivencia nos centros educativos. Deixámosvos algunhas imaxes.

FORMACIÓN COOPERATIVO: ESTRUTURAS SIMPLES

Imaxe
No mes de xaneiro retomamos a formación do profesorado en Aprendizaxe Cooperativa, desta vez, coñecendo as estruturas cooperativas simples, para o traballo curricular en equipos cooperativos na aula. Repasamos estruturas como a lectura compartida, o folio xiratorio, lápis ao centro, parada de tres minutos, 1-2-4 ou xogo de palabras. Desta vez traballamos na sala de profes e a formación estivo dirixida pola Comisión de aprendizaxe cooperativa do IES. Deixámosvos algunhas imaxes.

QUERÉNDONOS MÁIS NO IES VALADARES

Imaxe
Continuamos no mes de xaneiro coas actividades do Plan Proxecta Quérote+ en 3° ESO. Rematamos a segunda actividade na que nos distintos grupos o alumnado plantexou as súas dúbidas acerca da diversidade e das relacións sexuais. Empregamos buzóns e caixas de recollida de consultas anónimas que as profesoras colaboradoras foron respostando nas aulas. Neste mes estamos xa rematando a terceira actividade, con cartaces sobre a diversidade sexual elaborados polo alumnado que estamos desexando ensinarvos. Polo de agora, deixámosvos algunhas imaxes da recollida de consultas: