Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

PLAN PROXECTA: QUÉROTE MÁIS

Imaxe
Comezamos neste curso 21-22 coas actividades do Plan Proxecta de Quérote máis no IES. "Queréndonos máis no IES Valadares" tratará a educación afectiva, sexual e na diversidade, co alumnado de 3° ESO. Nestes grupos, e de xeito interdisciplinar, traballaremos sesións mensuais a través de proxeccións audiovisuais, elaboración de cartaces, dinámicas de grupo ou elaboración de materiais para presentar noutros grupos ao final do curso. Os departamentos implicados neste Plan son: Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Física e Química xunto co Dpto. de Orientación como coordinador. A primeira actividade consistiu na visita á páxina web de Quérote +  para realizar algunha consulta a través do seu formulario. Este está habilitado para atender dúbidas das persoas usuarias de xeito anónimo. Deixámosvos algunhas imaxes.

NON!

Imaxe
O 25 de novembro dicimos NON á violencia de xénero.

Mulleres influencers. Homes gamers

Imaxe
Hoxe tivemos no IES o obradoiro Mulleres influencers. Homes gamers. A construción dual do xénero, impartido por Priscila Retamozo e Luisa Abad, dentro da programación da formación en Igualdade da Deputación de Pontevedra. O Obradoiro estivo dirixido a todo o alumnado de 4° ESO, que acudiu á Aula Magna en dúas quendas ao longo da mañá. Deixámosvos unha imaxe destas interesantes sesións.

Nobody is normal

Imaxe
Podemos traballar a educación emocional na aula a través dun corto dun minuto? Pois parece que si!  E que reflexións tan interesantes as do noso alumnado!