Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

QUÉROTE+: DESMITIFICANDO O AMOR ROMÁNTICO

Imaxe
Hoxe continuamos, nos grupos de 3° ESO, coa cuarta actividade do Plan Proxecta Queréndonos + no IES Valadares. Primeiro, definimos a violencia de xénero e revisamos algúns mitos acerca do amor romántico. Despois, vimos unha serie de curtas sobre esta temática e tivemos debate na aula acerca desta. Continuaremos noutra sesión coa búsqueda de información acerca de series, cancións, películas ou publicidade que reflexen o amor e as relacións afectivas a través de mitos aprendidos. Queda moito por facer.

EMOCIÓNA-T co Mindfulness

Imaxe
A segunda parte das sesións do obradoiro de EMOCIÓNA-T consistiu no control das emocións, o coñecemento do propio corpo e a expresión corporal. O alumnado de 1° e 2° ESO realizou estiramentos, coñeceu sensacións corporais a través da música e practicou a relaxación. Deixámosvos unhas imaxes.

EMOCIÓNA-T

Imaxe
Hoxe comezaron as primeiras sesións do obradoiro EMOCIÓNA-T co alumnado de 1° e 2° ESO, impartido por Sonia e Ana, de Achega. Mañá continuamos na Biblioteca coa segunda parte do mesmo, centrada no control das emocións.

DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
No Día da muller e a nena na ciencia o IES presenta un vídeo dentro do programa 21 días en galego. Bravas!

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS

Imaxe
Hoxe tivemos varias sesións do Programa Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo. María Couñago, da Asociación Alborada, impartiu as primeiras charlas nos grupos de 3° e 4° ESO, nas distintas titorías. O programa complétase cos grupos de 1° e 2° ESO nos próximos meses.

DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

Imaxe
Nesta semana, Marcos impartiu charlas sobre Diversidade afectivo-sexual nos grupos de 2° ESO, dentro da materia de igualdade de xénero.

FORMACIÓN PROFESORADO COOPERATIVO

Imaxe
Hoxe tivemos unha nova posta en común da formación en Aprendizaxe cooperativa do profesorado. Falamos das estruturas cooperativas simples que se aplicaron nas aulas e valoramos para que momentos poden ser máis adecuadas. Seguimos formándonos e compartindo!

CHARLA UVIGO

Imaxe
Hoxe tivemos no IES unha charla da Universidade de Vigo impartida por Ricardo Corderí, xefe do Servizo de Extensión Universitaria, para o alumnado de 2° de Bacharelato. Falounos sobre a oferta educativa da UVigo nos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo), as diversas  actividades que se desenvolven na vida universitaria e rematamos cun breve resumo do acceso á universidade mediante a ABAU. Foi unha máis das actividades de orientación académica programadas para este curso 21-22.

PRESENTACIÓN EMOCIÓNA-T

Imaxe
Hoxe tivemos a presentación do programa de educación emocional Emocióna-T, que desenvolveremos neste trimestre no IES. Esta sesión estivo dirixida ás titoras e titores de 1º e 2º ESO e Departamento de orientación, para poñernos ao tanto do que se traballará co alumnado nas próximas semanas: asertividade, empatía e recoñecemento das emocións propias e dos demais, entre outros temas.