Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

31M-DÍA DA VISIBILIDADE TRANS

Imaxe
Desde o ano 2009, o 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans , dedicado á sensibilización en contra da discriminación cara ás persoas trans en todo o mundo. No IES tivemos varias actividades ao longo da semana en relación con esta conmemoración. Dende a Biblioteca #osobreiraldaspalabras e dende o Club de Diversidade do centro se coordinaron as mesmas. A Asociación ARELAS leva anos traballando nesta sensibilización e formación a profesorado e familias. O vindeiro martes, 5 de abril, teremos unha sesión formativa coa súa presidenta dirixida ao profesorado do Centro. #31mdíainternacionaldelavisibilidadtrans

BOLSAS MINISTERIO CURSO 22-23

Imaxe
IMPORTANTE! Este ano hai cambios importantes en canto ás bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP. O prazo para as solicitudes destas axudas adiántase uns meses do habitual, comezando hoxe, 30 de marzo, e ata o 12 de maio. Como informa a propia páxina web do Ministerio, é preciso solicitar as axudas neste prazo aínda que non saibamos con seguridade os estudos concretos aos que accederemos. Haberá un prazo posterior para posibles modificacións. Estas bolsas van dirixidas a estudos de: Bacharelato, FP e Universidade, así como para FP básica no próximo curso. Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato. Requisitos  e  contías  para o acceso á Universidade. Deixámosvos un enlace á páxina web dende onde é preciso darse de alta para comezar coa solicitude. Debaixo, mostramos unhas imaxes cos pasos a realizar. Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación. Páxina web do Ministerio de Educación co acceso ao servizo online, onde

VISITA EASD ANTONIO FAILDE-OURENSE

Imaxe
Hoxe visitamos a Escola de Artes e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, co alumnado de 2° Bach Artes. Coñecimos de primeira man os ciclos superiores de ebanistería, fotografía e ilustración que imparten, así como os estudos superiores de Deseño de interiores e Deseño gráfico. Grazas pola afectuosa acollida á súa Vicedirectora, Lola, e a todo o profesorado!  Aproveitamos, antes de voltar, para visitar o museo e o marabilloso pórtico policromado da Catedral de Ourense.

CHARLA USC

Imaxe
Hoxe tivemos no IES unha charla sobre a oferta académica, cultural e deportiva da Universidade de Santiago de Compostela, a cargo do profesor José Manuel Blanco. A sesión, que estivo dirixida ao alumnado de 2° de bacharelato, foi moi amena e rematou cuns consellos moi interesantes para afrontar os exames da ABAU. Grazas!

EDU-REFERENTES

Imaxe
Interesante charla do programa Edu-Referentes, da Consellería de Educación xunto coa Asociación Executivas de Galicia, para 4°ESO. Completaremos o programa coas mentorías de alumnas do centro por parte de mulleres referentes no seu sector.