EDUREFERENTES

Hoxe remata o programa da Consellería de Educación EduReferentes no IES, co que tivemos a sorte de poder coñecer, a través de Executivas de Galicia, a mulleres referentes no seu sector profesional e que mentorizaron a alumnas de 4° ESO durante cinco sesións no segundo e terceiro trimestres do curso.

Foi unha experiencia fantástica para as alumnas participantes e moi enriquecedora para todas. Esperamos que o programa poida continuar e ampliarse o curso que vén a máis alumnado, de ser posíbel.

Grazas María Caldeiro (Fundamar), Sara Campos (Gradiant) e María José Herbón (R.C. Celta de Vigo) pola vosa implicación co proceso educativo e de orientación vocacional das nosas alumnas.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO