COÑECENDO O TDAH

Esta semana Marcos, o profe de PT, organizou un taller sobre o TDAH con axuda dun alumno que contou a súa experiencia vital aos compañeiros e compañeiras de 1° ESO.

Foi unha sesión moi produtiva, levada a cabo na biblioteca, na que visionaron un corto,  inicialmente, sobre o tema, para escoitar despois e reflexionar entre todo o grupo acerca da importancia de empatizar e buscar solucións entre todos e todas para unha mellor convivencia na aula.

A sesión serviu para coñecer máis de cerca este trastorno do neurodesenvolvemento, así como para crear lazos máis fortes no grupo-clase.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO