FORMACIÓN PROFESORADO: APRENDIZAXE COOPERATIVA

Esta tarde tivemos unha sesión conxunta de todo o equipo de profesorado da formación en Aprendizaxe Cooperativa deste ano. Foi na biblioteca, e o profesorado de Introdución compartiu as súas experiencias coas dinámicas de cohesión grupal, levadas a cabo nas aulas durante este trimestre.

En xeral, a experiencia é moi positiva. Continuaremos no segundo trimestre poñendo en práctica as estruturas cooperativas básicas.

O profesorado de Xeneralización e Consolidación traballa cos plans de equipo nos distintos grupos, sinalando os roles das persoas que compoñen cada equipo, e establecendo as bases dun traballo que será posteriormente avaliado polo propio alumnado.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO