RECLAMACIÓNS NOTAS ABAU
Para proceder a facer unha reclamación sobre as notas obtidas nos examens da ABAU, tedes que acceder á plataforma Nerta e, unha vez dentro, premer en "reclamacións". Abrirase unha pestana onde tedes que "engadir" e seleccionar o código e o nome da asignatura sobre a que solicitades revisión de nota. Unha vez feito, damos a "gravar" e xa queda listo o proceso. Só nos queda agardar á resolución.
As reclamacións poden solicitarse ata o martes 21.
O procedemento de revisión dos exames é único, e segue o seguinte:
1º) Primeiramente, analizarase se houbo algún erro material na corrección (sumas mal calculadas, preguntas sen corrixir). Neste caso modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa.
2º) De seguido, realizarase unha segunda corrección levada a cabo por un/unha especialista distinto/a ao anterior. Se esta segunda cualificación ten unha diferenza menor de 2 puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética. Se hai 2 ou máis puntos de diferenza realizarase una terceira corrección por parte doutro especialista distinto. A cualificación definitiva será a media aritmética das 3 cualificacións.
Comentarios
Publicar un comentario