Neste mes continuamos coas actividades de orientación académica en 4° ESO. Como sabedes, a nova lexislación educativa obríganos a actualizarnos neste curso en canto ás novas modalidades de bacharelato, que xa se implantan no vindeiro curso, así como en canto aos criterios de promoción e titulación nas distintas etapas. Tras coñecer estas novidades na aula, tócavos afrontar unha parte da orientación académica e profesional fundamental: o autocoñecemento . O autocoñecemento é o coñecemento que tedes de vós mesmos/as: sobre o que vos gusta, intereses, as vosas aptitudes, que se vos da ben e que non tanto, as materias nas que sacades mellores notas, os vosos valores, etc. Para profundizar neste punto, déixovos: Unha batería de test online que valora as aptitudes persoais, as destrezas e as preferencias para dar como conclusión unha área de coñecemento específica. Un vídeo acerca da toma de decisións á hora de escoller unha carreira universitaria ou laboral. Lembrade que podedes revis
Comentarios
Publicar un comentario