PORTAS ABERTAS UVIGO

A Universidade de Vigo celebrará unhas Xornadas de Portas Abertas 2022 en modalidade presencial os días 14, 15 e 16 xuño nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo respectivamente. O obxectivo destas Xornadas de Portas Abertas é dar a coñecer polo miúdo os centros universitarios desta institución así como as titulacións que neles se imparten a través de charlas, obradoiros e visitas a laboratorios, talleres, aulas. etc. 

Trátase dunha actividade aberta a todo o alumnado que se presente ás probas ABAU, Bacharelato, ciclos de FP, familias e ANPAS, así como ao profesorado e persoal de orientación dos centros educativos.

Deixámosvos, ademais, un buscador dos Graos da Universidade por ámbitos e por Campus universitarios.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación Orientación Académica

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4° ESO