BOLSAS MINISTERIO CURSO 22-23
IMPORTANTE! Este ano hai cambios importantes en canto ás bolsas para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP. O prazo para as solicitudes destas axudas adiántase uns meses do habitual, comezando hoxe, 30 de marzo, e ata o 12 de maio.
Como informa a propia páxina web do Ministerio, é preciso solicitar as axudas neste prazo aínda que non saibamos con seguridade os estudos concretos aos que accederemos. Haberá un prazo posterior para posibles modificacións.
Estas bolsas van dirixidas a estudos de: Bacharelato, FP e Universidade, así como para FP básica no próximo curso.
Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.
Requisitos e contías para o acceso á Universidade.
Deixámosvos un enlace á páxina web dende onde é preciso darse de alta para comezar coa solicitude. Debaixo, mostramos unhas imaxes cos pasos a realizar. Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.
Páxina web do Ministerio de Educación co acceso ao servizo online, onde podedes proceder a solicitar as bolsas.
Se nunca o fixéchedes antes, é necesario que vos deades de alta na sede electrónica. Unha vez rexistradxs, podedes acceder co voso DNI e o contrasinal que escollades. Para máis información, pinchade aquí.



Comentarios
Publicar un comentario