Nesta presentación terás acceso aos diferentes itinerarios, materias, formas de acceso, regras do xogo, ofertas educativas... do noso sistema educativo. Conforme se vaian publicando novidades (periodos de preinscrición, novas ofertas...) irán aparecendo estreliñas na presentación para que poidades identificalas de forma doada e acceder para mantervos informados e informadas. Agardo que vos sexa de utilidade!
Comezamos o curso, e as andanzas deste novo Blog do Departamento de Orientación, OrientaValadares , coa benvida ao alumnado de 1º ESO ao IES. Benvidas e benvidos!
Para proceder a facer unha reclamación sobre as notas obtidas nos examens da ABAU, tedes que acceder á plataforma Nerta e, unha vez dentro, premer en " reclamacións ". Abrirase unha pestana onde tedes que " engadir " e seleccionar o código e o nome da asignatura sobre a que solicitades revisión de nota. Unha vez feito, damos a " gravar " e xa queda listo o proceso. Só nos queda agardar á resolución. As reclamacións poden solicitarse ata o martes 21 . O procedemento de revisión dos exames é único, e segue o seguinte: 1º) Primeiramente, analizarase se houbo algún erro material na corrección (sumas mal calculadas, preguntas sen corrixir). Neste caso modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. 2º) De seguido, realizarase unha segunda corrección levada a cabo por un/unha especialista distinto/a ao anterior. Se esta segunda cualificación ten unha diferenza menor de 2 puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética. Se hai 2 ou máis punto...
Comentarios
Publicar un comentario