Publicacións

4ª Actualización da Roda do DUA (Antonio Márquez. Aula Desigual)

Imaxe
   Temos dispoñible a 4ª actualización da Roda do DUA, elaborada por Antonio Márquez, autor do blog educativo  Aula Desigual . Trátase dunha presentación feita en genially na que podedes atopar multitude de recursos para aplicar os principios do Deseño Universal da Aprendizaxe. Agarda un pouco... porque ás veces tarda en cargar.

Presentación Orientación Académica

Imaxe
Nesta presentación terás acceso aos diferentes itinerarios, materias, formas de acceso, regras do xogo, ofertas educativas... do noso sistema educativo. Conforme se vaian publicando novidades (periodos de preinscrición, novas ofertas...) irán aparecendo estreliñas na presentación para que poidades identificalas de forma doada e acceder para mantervos informados e informadas. Agardo que vos sexa de utilidade!

EQUIPO MEDIACIÓN

Imaxe
Este luns, 24 de outubro, rematamos as sesións de repaso co Equipo de Mediación do IES, impartidas por Bibiana Camaño de Alicce Formación . Agora toca seguir facendo simulacións antes de comezar cos casos de mediación que poidan xurdir e que serán derivados ao equipo polas profes coordinadoras. Seguiremos dando a coñecer a este marabilloso equipo de alumnado e as súas funcións ao longo do curso. Moita sorte!

PROTOCOLO ACTUACIÓN RISCO SUICIDA

Imaxe
Neste enlace podedes ver o novo Protocolo de actuación dende os ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida na poboación infanto-xuvenil.

BOLSAS NEAE 22-23

Imaxe
Estimadas familias: Como sabedes, o prazo para a presentación das bolsas de estudos para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo está aberto ata o 30 de setembro , como todos os anos. Por favor, revisade a documentación necesaria a presentar, para que podamos xestionar de xeito adecuado ditas axudas. Documento de solicitude asinado nas follas nas que se require (na segunda por todos os membros da unidade familiar). Apartado do gabinete psicopedagóxico correctamente cuberto, asinado e selado (xunto co informe deste). Fotocopias dos DNI de toda a unidade familiar. Fotocopia da resolución de grao de discapacidade , de ser o caso. Fotocopia lo libro de familia numerosa de ser o caso. Certificado bancario onde apareza a alumna ou alumno como titular da conta. Sen esta documentación, tal e como recollen as instrucións de cada ano, non poderemos xestionar as bolsas. Como sempre, podedes consultarnos no Dpto. de Orientación.

BENVIDA AO CURSO 22-23

Imaxe
Comezamos un novo ano académico con moitas novidades. Deixámosvos o calendario escolar 22-23 e desexámosvos un feliz comezo de curso. Moito ánimo!!!

ADXUDICACIÓN GRAOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA

Imaxe
Hoxe xoves 14 de xullo, publícase o primeiro chamamento para efectuar a matrícula nas titulacións de grao e dobres graos ofertadas polas tres universidades galegas. N o caso de seren convocadas/os a matrícula na titulación da súa primeira preferencia, o alumnado terá de prazo desde o venres 15 ás 00:01 ata o luns 18 de xullo ás 23:59 para formalizar a matrícula. Unicamente poderán matricularse aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación. IMPORTANTE! Se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. P ara isto, ten que reconfirmar na plataforma NERTA que desexa continuar na “Listaxe de Agarda”. Este proceso terá que facelo tantas veces como listaxes de persoas convocadas se publiquen.  OLLO! No caso de matricularse nunha tit